jueves, 31 de octubre de 2024

"HAI MORTOS NA ARCA ABERTA...E TEMOS QUE GARDALOS" DÍA 31 DE OUTUBRO, xornada de lembranza e homenaxe a todas as vítimas do golpe militar do 18 de xullo de 1936, a Guerra Civil e a Ditadura franquista.

"HAI MORTOS NA ARCA ABERTA...E TEMOS QUE GARDALOS"
DÍA 31 DE OUTUBRO, xornada de lembranza e homenaxe a todas as vítimas do golpe militar do 18 de xullo de 1936, a Guerra Civil e a Ditadura franquista.
------------------------------------------------------------------
Hoxe día 31 de outubro conmemórase a nivel estatal a xornada de lembranza e homenaxe a todas as vítimas do golpe militar do 18 de xullo de 1936, a Guerra Civil e a Ditadura franquista. Esta data, establecida pola Lei de Memoria Democrática, aprobada o 19 de outubro de 2022, ten como obxectivo honrar e preservar a memoria dos milleiros de persoas que sufriron as consecuencias daqueles tráxicos episodios da historia do país.
----------------------------------------------------------------------
HAI MORTOS NA ARCA ABERTA...E TEMOS QUE GARDALOS
Dun xeito particular, hai que lembrar hoxe ás vítimas da represión franquista provincia de Ourense, e singularmente queremos lembrar e homenaxear aos republicanos asasinados o 1 de novembro de 1936 no paraxe de Arca Aberta, Vilariño Frío, Montederramo (Ourense): Jacinto Santiago, Eligio Núñez, Fructuoso Manrique e Aquilino Sánchez.
___________________________________________________________________
Retomamos do Facebook de Antón Fernández ( https://www.facebook.com/anton.fernandez8355 )un fermoso poema (SONO. PAXARO PRETO) que recorda esa data e eses feitos (tomado do seu Facebook de 5 xuño 2019), e tamén do seu Facebook varias fichas biográficas elaboradas en novembro de 2016 sobre Jacinto Santiago, Eligio Núñez, Fructuoso Manrique e Aquilino Sánchez. (OS MORTOS DA ARCA ABERTA -1 de novembro de 1936-80 anos de impunidade ).







Engadimos un artigo de Xulio Prada no Faro de Vigo (ed Ourense) (22/12/2020): O asasinato de Aquilino Sánchez en Vilariño Frío . https://www.farodevigo.es/ourense/2020/12/22/o-asasinato-aquilino-sanchez-vilarino-26613793.html



Dende Amigos da República teñen a intención, nos vindeiros meses, de lembrar e render homenaxe a estes republicanos, asasinados en Arca Aberta no 1 de novembro de 1936.
----------------------------------------


No hay comentarios:

Publicar un comentario