lunes, 17 de octubre de 2016

"Rosalía e a psiquiatría galega (espazo Conxo)" por Emilio González ....(En el Día de las Mujeres Escritoras ,17- octubre- 2016)

En el Día de las Escritoras del 2016 queremos recordar en el blog a una de las mas famosas escritoras gallegas,a Rosalía de Castro, una poetisa clave para el Rexurdimento gallego. Entre sus obras más importantes se encuentra "Follas Novas" (que se puede leer íntegramente en el link de la Biblioteca Nacional )...

Tomado de Biblioteca Nacional.
http://bdh-rd.bne.es/jpeg.raw?query=id:bdh0000047260&width=250
a

El Día de las Escritoras es una conmemoración iniciada en España para recuperar el legado de las mujeres escritoras, hacer visible el trabajo de las mujeres en la literatura y combatir la discriminación que han sufrido a lo largo de la historia. La celebración, de carácter anual, se convoca el lunes siguiente a la fecha del 15 de octubre, festividad de Teresa de Jesús. En 2016 se celebra el 17 de octubre. El Día de las Escritoras surgió por iniciativa de la Biblioteca Nacional de España, la Asociación Clásicas y Modernas y la Federación Española de Mujeres Directivas (FEDEPE) para compensar la discriminación histórica de las mujeres en la literatura.


Como este es un blog muy orientado a divulgar e investigar en torno a temas relacionados con la Historia de la Medicina, aprovechamos para rendir este homenaje en este día ofreciendo a los lectores del blog un trabajo sobre Rosalía de Castro y su relación/vinculación con el monasterio (luego manicomio) de Conxo (Santiago de Compostela). Este trabajo, titulado   "Rosalía e a psiquiatría galega (espazo Conxo)"  fue publicado en 2013 en la revista Terra de Outes. Su autor es el médico Emilio González Fernández, psiquiatra amigo, afincado en Santiago desde hace años, y al que  ya le hemos dado espacio en este blog en otras ocasiones…y que nos ha autorizado a publicar su trabajo en "Diario de un médico de guardia". 


"ROSALÍA E A PSIQUIATRÍA GALEGA (ESPAZO CONXO)", por Emilio González (2013)
Publicado en:  González Fernández E. "Rosalía e a psiquiatría galega (espazo Conxo)" , Terra de Outes, 2013, núm. 22,abril-junio 2013, p.12.


"Pasaron anos, trinta e seis, dende que un servidor escribira sobre a importancia de Rosalía para a psiquiatría galega. Daquela cometín algúns erros que outros copiaron.
O manicomio de Conxo inaugúrase o día 1 de xullo de 1885, pouco antes de finar Rosalía. Mais ata o 19 do mesmo mes non acolle o “primeiro tolo” oficial.
Xelmírez funda o Monasterii de Canogio entre 1106 e 1129. Desa primeira obra só se conserva parte do claustro románico. Unhas monxas (non se sabe de que tipo) ocupan este espazo durante 300. A grande finca de máis de un cento de hectáreas vaise enchendo con todo tipo de árbores, cultivos, xardíns e viveiros de peixes no Sar.
No 1482 establécense neste espazo os mercedarios. O vello mosteiro medieval renóvase no século XVII para poder acoller novizos. No 1835, por mor da exclaustración, os frades teñen que deixar Conxo, onde non comezan a retornar ata 1881.
Dende 1862 xa se pensaba neste lugar como axeitado para o primeiro manicomio galego. Logo de tímidos intentos do poder civil (estatal e provincial) para crear a institución, vai ser o poder eclesiástico (o cardeal Payá) quen o leva a cabo. Durante moitos anos Conxo xéralle importantes beneficios económicos á igrexa compostelá e a uns “caritativos” prestamistas-accionistas.
Os mercedarios teñen que irse, ou “fuxir” como desterrados para Poio o 17 de xuño de 1890. En 1969 o cardeal Quiroga ten que vender á deputación coruñesa o manicomio e a inmensa finca por pouco máis de cincuenta millóns de pesetas.
Diferentes miradas que se foron construíndo sobres estas grandes estruturas asilares. A de Rosalía e os seus contemporáneos imaxinaron o manicomio como o espazo que lle devolveu a humanidade á loucura; unha auténtica obra filantrópica.
Espazo social e espazo simbólico. Rexeitado pola tradición crítica occidental, o simbólico retoma na teoría de Bordieu o lugar central que o racionalismo lle arrebatara torpemente.
Na historiografía actual segue tendo moito peso a interpretación, encabezada fundamentalmente por Foucault, que considera o manicomio como un instrumento do Estado para silenciar aos que (pola maneira de pensar, sentir e comportarse) cuestionaban ou ameazaban os valores das clases dominantes. Vixiar e coidar a perigosos e diferentes. Espazo de exclusión. Para este autor o poder sempre vén acompañado de resistencia. Desa resistencia temos abundantes exemplos na historia do manicomio e do concello (hoxe barrio) de Conxo.
Emerxe Conxo (manicomio) como unha institución ao servizo da igrexa compostelán que loita eficazmente contra a secularización social e as ideas liberais. Segundo Barreiro Fernández, en 1884 había en Santiago 49 igrexas, nas que se celebraban 85 novenas solemnes, 508 funcións e 68.000 misas durante aquel ano.
O Banquete celebrado na carballeira de Conxo o dous de Marzo de 1856 tivo unha enorme importancia e transcendencia na historia da Galicia. Despois da represión que seguiu á derrota de 1846, o Banquete supuxo unha nova posta en pé do sentimento liberal e democrático da Galiza, sempre ligado á reivindicación da súa identidade histórica. Practicamente todos os historiadores recentes avalan a presenza de Rosalía nese Banquete. Imos pois vendo como Conxo é un espazo privilexiado tanto para o discurso cultural galego como para a historia da psiquiatría galega e española.
Rosalía non naceu en Santiago, senón no concello de Conxo, nunha casa que xa lindaba coa cidade. No ano 1913 o Concello de Conxo puxo unha placa nesa casa. Daquela era o lugar de As Barreiras. En 1925 Conxo é anexionado a Santiago e pronto desapareceu a devandita placa. Anos despois a casa foi derrubada. Estaba situada no que hoxe é praza de Vigo. O antigo Camiño Novo de Santiago (en Conxo había outro) cos anos denominarase Avenida de Rosalía de Castro.
Ata non hai moito a narrativa de Rosalía quedou bastante esquecida quizais por estar a maioría escrita en castelán. No ano 1881 publica El primer loco (cuento extraño). En gran parte ambientada en Conxo. Rosalía seica gustaba de escribir no claustro e pasear pola finca. Ao ano seguinte comezan as obras para adaptar o vello mosteiro a manicomio. A novela vén sendo unha alegoría da frustración amorosa. Pero, é moito máis. Encaixa perfectamente no que Rancière recoñece na literatura: unha capacidade para investigar nas marxes e aprender a ler os síntomas da historia.
Entra de cheo na dilatada polémica da necesidade dun manicomio en Galicia, para que os pacientes non teñan que seguir emigrando a manicomios de lonxe (fundamentalmente o de San Boi na provincia de Barcelona e o de Valladolid): “ ¡Pobres dementes! ¡Tener que dejarles vagar errantes por calles y caminos, hambrientos y desnudos, o arrancarles de su hermoso país para llevarles a más ingratos climas, entregándoles a extrañas manos, sin que los que les aman puedan velar por sus tristísimas existencias!”.
Ademais, en contra do que pensan a maioría dos ilustrados da época, Rosalía, con claridade meridiana, centra o problema da superstición como algo fundamental dos humanos. Nesta novela, tamén podemos ver un diálogo entre cordura e tolemia. Un novo Quixote do século XIX. Ao refirse á razón, resulta ser unha precursora das correntes antipsiquiátricas dos anos setenta que tanto axudaron á superación do manicomio.
O poema "Los robles", publicado por vez primeira no xornal arxentino La Nación Española o 1-3-1883 (no 1884 aparece no libro “En las orillas del Sar”) é unha denuncia da masiva tala de carballos e outras especies que levaron a cabo os mercedarios, no 1882, para acometer obras no deteriorado mosteiro. Rosalía ecoloxista, ou romántica alianza entre natureza e cultura?.


No ano 1897 xa se produce unha folga de carpinteiros do Manicomio de Conxo. No 1933 (entre xullo e outubro) a Sociedad de Camareros y Empleados del Manicomio de Conxo (CNT) comeza unha prolongada folga que remataría con folga xeral en Santiago. De momento triunfaron os traballadores (readmisión de despedidos e mellora na xornada laboral e nos salarios). O levantamento militar do 36 facilitaría que practicamente todos os activistas fosen despedidos entre o 36- 37.
No último ano do ditador (1975), en xuño-xullo, novo conflito. Folga xeral do persoal do psiquiátrico. 15 médicos fomos despedidos...
Lonxe de psiquiatrizar a Rosalía (como fixeron prestixiosos psiquiatras e médicos humanistas galegos) queremos salientar a transcendencia da narrativa rosaliana no eido da teoría das emocións e do espazo. O espazo organiza as emocións. Semella sentimental, pero iso significa limitar as interpretacións. Como subliña Rábade Villar, non podemos quedarnos só coas canónicas interpretacións lingüísticas, sociolóxicas, nacionalista ou de xénero. Máis aló de morriña, saudade, etc. a historia sentimental dos personaxes tamén é unha historia política.
A discusión foucaultiana quere repensar o social á luz do espazo. Neste sentido a narrativa de Rosalía, e en concreto “El primer loco”, é unha peza mestra. Estamos diante dunha linguaxe organizada no espazo en vez de no tempo. Non deixa de admirarnos a súa capacidade para romper moldes. Se, a maiores de Foucault, contemplamos as achegas de Deleuze, Serres, Harvey e Soja, a “Senhora da Saudade e da Melancolía” como lle chamou o poeta portugués Teixeira de Pascoaes, é unha autora do século XXI, unha activista política.

Para rematar, a finca de Conxo serviu, en 1924, para rodar exteriores da primeira película “La Casa de la Troya”, na que hai quen asegura que participou Castelao. A ver os xardíns do manicomio tamén acude Federico García Lorca, como alumno da universidade de Granada. Foi no 1916. Asina, como “Federico García Lorca, alumno” no libro de honra do manicomio. Este libro non se sabe onde foi parar dende que o ano pasado levaron o arquivo do manicomio de Conxo á Cidade da Cultura".


http://terradeoutes.com/Images/archivos_secciones/Documentos/revista_22.pdf