jueves, 8 de mayo de 2014

V Xornada Científica ASOCIACIÓN GALEGA DE MÉDICOS FORENSES “Formación: dereito e deber” . Vigo Venres, 6 de xuño de 2014



logoV Xornada Científica
ASOCIACIÓN GALEGA DE MÉDICOS FORENSES
“Formación: dereito e deber”

Vigo
Venres, 6 de xuño de 2014

COMITÉ ORGANIZADOR
Campos Casal, B.; Gómez Márquez, J.L.; Martín Marcos, C.; Pérez Gómez, B.; Torres Pérez, R.

COMITÉ CIENTIFICO
Costas Costas, Eduardo; de la Fuente Pérez, María José; López Rodríguez, José Manuel; Medrano Varela, Marta; Montes Somoza; Rosario; Rodríguez Martínez, Berta; Serrulla Rech, Fernando.

 http://www.agmf.es/

INSCRICIÓN e DATOS DE INTERESE

PRAZO DE INSCRICIÓN: Aberto ata o día 4 de xuño. Os interesados en asistir deberán inscribirse no formulario que se envía (tamén descargable desde a web www.agmf.es) remitíndoo por FAX ao 986 817359 ou por correo electrónico ao seguinte enderezo: asociacion.galega.mf@gmail.com. A inscripción da dereito a participar na Xornada, a recibir o libro de relatorios e comunicacións, a recibir certificado de asistencia (e, no seu caso, de presentación de comunicación/poster) e aos cafés e comida que se servirán nun lugar próximo ao da xornada. Os participantes elixirán a mellor comunicación/poster.

COMUNICACIÓNS ORAIS: As COMUNICACIÓNS ORAIS non excederán de 10 minutos de presentación. Este ano, como novidade, se solicita que serán presentadas en formato de caso clínico. Os PÓSTERS presentaranse en formato próximo aos 90x120 cm (A0) e se se desexa tamén se poderán presentar oralmente. Para presentar PÓSTER ou COMUNICACIÓN será obrigatorio que, alomenos, un dos autores estea inscrito na Xornada.

Os resumos de todos os traballos deberán ser remitidos á organización antes do 31 de maio de 2014.


PREMIO FERNANDO MARTÍNEZ: Convócase por segundo ano o premio á MELLOR COMUNICACION ORAL cun valor de 300 € e diploma acreditativo. A mellor comunicación sairá elixida por votación de todos os asistentes presentes, actuando como Xurado o Comité Científico. Ao reconto poderán asistir dúas testemuñas.

              Programa Provisional:

LUGAR: Salón de Actos do Edificio da Xunta de Galicia sito en c/ Calle Montero Ríos 0, 36201, Vigo.


SESIÓN MAÑÁ
9.30 h. Entrega de Documentación
9.45 h. Inauguración da Xornada.

10.00 h. Ponencia.
PATOLOGÍA ORGÁNICA CEREBRAL SUSCEPTIBLE DE CAUSAR MANIFESTACIONES PSIQUIÁTRICAS. (Título pendente de confirmar)
Ponente: Dr. José Luis Maciñeiras Montero. 
   Médico Especialista en Neurología. CHUVI

11.00 h. Pausa e café no Hotel Nagari

11.30 h. Ponencia.
MALTRATO INFANTIL: HALLAZGOS RADIOLÓGICOS.
                        Ponente: Dra. Patricia Blanco Lobato.
                                     Médica especialista en Radiodiagnóstico. CHUVI
                        Coautor: Dr. José Luis Vázquez Castelo
                                     Médico especialista en Radiología Pediátrica. CHUVI
  
12.15 h. Comunicacións e Posters                               
           
14.00 h. Pausa e comida no restaurante do Real Club Náutico de Vigo


SESIÓN TARDE
16.00 h. Ponencia                    
MORTALIDAD ASOCIADA AL CONSUMO DE COCAÍNA.
                    Ponente: Benito Morentín Campillo
                                   Jefe de Servicio de Patología Forense del IVML de Bizkaia.     
                   
17.00 h. Comunicación
LA NUEVA LECRIM. ASPECTOS DE INTERÉS MÉDICO-FORENSE (Título pendente de confirmar)
                  Ponente: Antonio Roma Valdés
                                  Fiscal de Santiago de Compostela desde 1994.
                                  Miembro electo del Consejo Fiscal

17:30 h. Comunicacións e Posters
                       
19.00 h. Votación e entrega do Premio á mellor comunicación oral ou poster.

19.15 h. Pausa.

19.15 h. Asamblea da Asociación Galega de Médicos Forenses


SESION NOITE

Data límite para apuntarse á cena de clausura e/ou reserva da habitación no hotel: 1 de xuño de 2014.
  • CEA: Lugar pendente de concretar en función do número de comensais (Aprox. 30 €)
  • HOTEL: Hotel Silken América, C/ Pablo Morillo, nº 6. (60 €, pendente de concretar)