viernes, 1 de febrero de 2013

¿Nuevos recortes en prevención y atención a drogodependencias en Galicia? Nota de SOS-Sanidade Pública


-
Imagen tomada de http://www.santiagodecompostela.org/umad/ (UMAD, Unidad Municipal de Atención a drogodependientes)


Nota de prensa de SOS Sanidade Pública 

SOS Sanidade Pública insta á Consellería de Sanidade a manter os equipos de prevención e asistencia en materia de drogodependencia, que funcionan desde hai máis de 20 anos.

Desde o ano 2010, ano no que o actual goberno do PP chegou de novo a Xunta de Galiza, ven recortando, ano tras ano, os orzamentos da  rede de prevención e asistencia a drogodependentes que recolle o Plan Galego de Trastornos Adictivos.

O que  recolle o proxecto de Lei de orzamentos para o ano 2013, é un  recorte de cantidades  que  ascende a 2.091.469 € sobre o orzamento do 2012. O que está a provocar é que no ano 2013 non se asine o convenio de colaboración ente a Consellería de Presidencia, a Consellería de Sanidade e a Federación galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en materia de drogodependencias e trastornos adictivos.

Con estes orzamentos a Consellería de Sanidade decidiu suprimir todo o investimento dos Equipos de Prevención, ante esta situación os Concellos son incapaces de seguir a  prestar esta asistencia, poñendo en risco a continuidade de prevención: 43 programas,  e consecuentemente os postos de traballo do persoal destes servizos, 61 traballadoras/es.

O peche dos equipos de prevención vai afondar nos problemas sociais e de saúde pública. Paradoxicamente, por unha banda a Consellería de Sanidade deixa sen dotación económica este programas, mentres segue a manter a súa  campaña de publicidade enganosa, xa que o Plan Galego de Trastornos Adictivos 2011-16 recolle no seu obxectivos” impulsar os programas de prevención de carácter universal”…

No referente aos Equipos que prestan Asistencia, o recorte orzamentario vai por en risco a continuidade dos mesmos. Os concellos non van poder asumir un recorte orzamentario de máis do 15%, que nalgún deles suporá un recorte de máis de 40.000€
Desde  SOS-Sanidade Pública esiximos á Consellería  de sanidade que manteña a dotación orzamentaria suficiente, estamos a falar dos orzamentos do ano 2009, para garantir a continuidade   dos programas que están a levar a cabo os equipos de prevención e asistencia.  E instamos á Consellería de Sanidade a que estableza as vías de diálogo para que esta prestación sexa da propia Consellería contando cos profesionais existentes.