miércoles, 26 de septiembre de 2012

A Bela Auria: A Festa Histórica de Ourense

A Asociación cultural "A Bela Auria" recrea o Ourense dos anos 20 nunha festa de carácter histórico. Propoñen 16 horas de cultura para o 29 de setembro no Xardín do Posío, no Liceo e no Trampitán. Entre as actividades figuran música, obradoiros para os máis cativos e cinema musicado.




SEMANA DO 1 AO 4 ORGANIZADO POR ALEHOU (Asociación de Licenciados e Estudantes de Historia Ourense) e A Bela Auria.

DATAS (Todos os días ás 20:00 no Liceo)
CONFERENCIANTES
TITULOS
Luns 1 de Outubro do 2012
David Simón Lorda
ALGUNAS HISTORIAS DE LA SANIDAD OURENSANA EN LAS PRIMERAS DÉCADAS DEL SIGLO XX  (Del Hospital de As Mercedes al Hospital modelo de As Lagoas pasando por “La Gota de Leche” y la gripe de 1918 )

Martes 2 de Outubro do 2012
Beatriz Rodriguez Cougil
"La Educación en Ourense a principios del siglo XX"
Mércores 3 de Outubro do 2012
Andrea Valeiras Fernández
"Conquistando el cuarto poder: medios y sociedad a principios del s.XX" 
Xoves 4 de Outubro do 2012
Luis Martínez-Risco Daviña
Vixencia de Nós




Conferencia sobre: "Algunhas historias da sanidade ourensana nas primeiras décadas do século XX"
Liceo (Ourense)

O Liceo de Ourense acolle o luns, día 1 de outubro, unha conferencia sobre Algunhas historias da sanidade ourensana nas primeiras décadas do século XX, impartida por David Simón Lorda, doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. O acto está previsto para as20.00 horas, con entrada gratuíta.

Na súa intervención, David Simón trazará unha visión panorámica da organización da asistencia sanitaria en Ourense dos anos 20. Nesta liña, o ponente analizará aspectos como os hospitais da cidade, tanto os públicos como a iniciativa privada. Outros temas que abordará o conferenciante na súa intervención serán as epidemias, as campañas de vacunación e outros temas de organización e mellora da saúde pública que foron liderados pola sanidade municipal ou o Instituto provincial de Hixiene, pero tamén por iniciativas semi-privadas como La Gota de Leche.

A conferencia forma parte do programa de actividades organizado con motivo da celebración de A Bela Auria, a festa histórica de Ourense.