martes, 24 de enero de 2012

“El Caso del Niño Salvaje” (VII Jornada Clásicos en Psiquiatría, Vigo, 2012)


Programa VII Jornada Clásicos en Psiquiatría, Vigo, 2012



Programa VII Jornada Clásicos en Psiquiatría, Vigo, 2012




O COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE VIGO ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE O NACEMENTO DA PSIQUIATRIA INFANTIL 
 Os especialistas tratarán a psiquiatria infantil a través do estudo do “Caso del Niño Salvaje” que sentou as bases da paidosiquiatria.
Vigo, 23 de xaneiro do 2012. A Comisión de Docencia de Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, en colaboración coa Asociación Galega de Saúde Mental, vai celebrar o mércores dia 25 unha xornada sobre “El Nacimiento de la Psiquiatría Infantil: El caso del Niño Salvaje”. Esta xornada, aberta ao público, comezará ás 9.00 h. no Salón de Actos do Hospital Xeral.
O responsable do comité organizador e xefe do servizo da Unidade de Agudos do Hospital Nicolás Peña do CHUVI, Tiburcio Angosto explica que “este evento se enmarca no programa sobre Clásicos en Psiquiatría que ven desenvolvendo o Complexo Hospitalario e que ten por obxetivo realizar un percorrido polas teorías siquiátricas clásicas. Nesta VII edición  adícase a psiquiatría infantil”
O tema a desenvolver versará sobre un  caso dun neno salvaxe, que non falaba, atopado errando en 1798 nuns bosques franceses. O tratamento rehabilitador levado a cabo polo médico JMG IItard, constituiu un momento fundacional na historia da siquiatría infantil. Aínda que o tratamento foi un fracaso, o médico describiu máis tarde, nun artigo científico a psicoses sen linguaxe nos nenos. A publicación desta patoloxía infantil foi considerada como o acta fundacional da paidosiquiatría. 
Prestixiosos especialistas
A xornada do mércores se iniciará coa proxección da película “El niño Salvaje” de F.Truffaut. Posteriormente se ofrecerán varias ponencias de diversos especialistas entre os que cabe subliñar a de Federico Menéndez que falará ás 12.15 sobre“De qué hablamos cuando hablamos de la infancia en la psicopatología. El niño como sujeto”; e a de Alberto Lasa, que ofrecerá un relatorio baixo o título  “Deficiencia mental y psicosis en la infancia: su comprensión clínica y sus implicaciones terapéuticas” . (Fuente: Gabinete de Comunicación Sergas).