sábado, 21 de mayo de 2011

"Espazo Conxo" (por Emilio González Fernández)

Hoxe temos a sorte de poder contar coa colaboración no blog dun texto sobre o hospital psiquiátrico de Conxo que nos envía o amigo Emilio González Fernández, psiquiatra, antropólogo e historiador da medicina galega e compostelá. Agardamos outras colaboraciós futuras.

Edificio y finca del psiquiátrico de Conxo, abril 2011
(foto David Simón Archivo "Diario de un médio de guardia")



++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
ESPAZO  CONXO

 por Emilio González Fernández


¿Cántas voltas e reviravoltas dá a vida e a Historia?..
Ollade esta nova que viña o pasado día 17, deste florido mês, no xornal La Voz de Galicia  en L3 das páxinas de Santiago. Antes de escaneala adrede subliñei o que me interesaba :

Noticia sobre Conxo, La Voz de Galicia, 17-5-2011
¿ Que meigallo terá a finca de Conxo?. Camiño de dous séculos segue dando que falar...Digo dous séculos por decir algo, por referencias concretas que temos pero, xa antes ,nos tempos  do arcebispo Xelmírez, algo tería para ser elexido como espazo relixioso no que erguer un mosteiro.
O Banquete de Conxo celebrouse na carballeira do mosteiro. Carballeira, finca, río e espazo que logo serán empregados por Rosalía para situar diversas pasaxes de El primer loco.
Salientamos anos despois o poema de Rosalía   "Los robles", que aparece por primeira vez no xornal arxentino La Nación Española, o 1 de marzo de 1883:

Bajo el hacha implacable, ¡cuán presto
en tierra cayeron
encinas y robles!;
y a los rayos del alba risueña,
¡qué calva aparece
la cima del monte!
Ya no entonan en ellas los pájaros
sus canciones de amor, ni se juntan
cuando el mayo alborea en la fronda
que quedó de los robles desnuda.
Sólo el viento al pasar trae el eco
del cuervo que grazna,
del lobo que aúlla.

A finais do ano 1872 a Sociedade Económica de Amigos del País toma o acordo de: "establecer en Conjo una granja modelo y pedir al efecto al Gobierno los terrenos correspondientes  al ex-convento de dicho pueblo, sin perjuicio de ceder los que fuesen necesarios, llegado el caso de que también se aprovechase el edificio para manicomio según se tiene proyectado".
Non teño a man neste intre a referencia, mais xa antes unha compañía francesa tentou  establecer nese espazo unha plantación de moreiras para criar eirugas de seda.
A tala dos carballos e outras especies levouse a cabo no ano 1882 segundo os xornais daquela época. Apóñenllo ós frades mercedarios cando aínda estaban negociando co cardenal Payá renunciar ós seus dereitos sobre Conxo en troques do mosteiro de Poio.
 A comezos deste mes cumprironse 41 anos desde  que entrei en Conxo como médico residente. Fun o primeiro residente-médico que tivo o psiquiátrico de Conxo.
Era un frondoso maio como o que canta Rosalía. Sempre disfrutei de erguerme ó albor e neste mes moito máis. Por iso ó ler esta “novidosa” proposta un arrepío recorreu o meu lombo. “Orballeira de sentimentos” como deixou dito Ramón Piñeiro falando da Paisaxe, da Cultura e da Saudade.
Como dormitorio puxéronme un cuarto ubicado no primeiro andar do “Galiñeiro”. No baixo xa non había galiñas. A falta de camas condicionara que ali viñesen durmir  70 tolos  varóns e tranquilos. Polo día estaban no edifício central.
O galiñeiro quedaba xa perto do cemiterio do manicomio. Del arrincaba un marabilloso paseo sombreado por carballos... Un camareiro (así se chamaban os coidadores) traíame o almorzo, o xantar e máis a cea. Chegaba fría e viña mal preparada. Calidade pésima.
Comenteillo ó administrador e dixo non tiña arranxo ata que rematasen a nova cociña que viña sendo a primeira innovación que fixera a Deputación de A Coruña. Non me quedou máis remedio que facer a miña primeira “protesta”. Chamei por telefono o vicepresidente da Deputación. Entendeuno e dende esa pasei comer nun bar, no Fraga, xusto enfronte do recinto manicomial.
Non teño espazo para comentar as teorias ambientalistas....
Por mor das emocións que segue xerándome Conxo tantos anos despois, precisei escribir isto e,  como non teño blog, pídolle o ilustre e ilustrado David Simón  que o meta no seu.

Compostela a 21 de maio de 2011 (día de “reflexión).
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

1 comentario:

David Simón dijo...

"Archivo de la Sociedad Económica de Santiago : 1844, Informe sobre el establecimiento de un fábrica de tejidos de lana, seda y algodón, plantación de dos mil moreras y cría de gusanos de seda en el ex-convento y bosques de Conjo, como intentaba una compañía francesa".
Publicado en "Galicia diplomática".-- Año 4, n. 7 (17 feb. 1889) ; p. 50-52.