miércoles, 23 de febrero de 2011

Nueva reunión de la Comisión de Participación Ciudadana del área sanitaria de Ourense: una nota de prensa del PsdeG-Psoe de Ourense


Imagen del Complexo Hospitalario de Ourense, tomada de OurenseDixital
Ayer se reunió la Comisión de Participación Ciudadana del  área sanitaria de Ourense, y que es una de las formas de participación comunitaria, territorial y social que viene contemplada en la Lei de Saúde de Galicia aprobada en el 2008 durante la época del bipartito. Salvo error nuestro, viene a ser la cuarta vez que esta Comisión se reune (dos en la legislatura anterior y dos en la actual). El PSdeG-Psoe de Ourense envió ayer una nota de prensa a medios de comunicación a la salida de dicha reunión, y que por su interés y actualidad relacionada con varios temas de la atención sanitaria en la provincia de Ourense reproducimos debajo para conocimiento de los lectores del blog.

------------------------------
O PSdeG DENUNCIA O DETERIORO CONTINUO DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO OURENSÁ POLO GOBERNO DO PP
Os socialistas lamentan a falta de transparencia dos responsables sanitarios do PP na Comisión de Participación Cidadá, que un ano despois da última reunión non contestaron ás cuestión plantexadas para a súa resposta por escrito
Solicitan que se definan xa os órganos de participación contemplados na Lei de Saúde de 2008, e que se constitúa o Consello de Saúde de Área

Ourense, 22 de febreiro de 2011.- O Partido Socialista a través do seu secretario provincial de Sanidade, Alberto Fidalgo, e con motivo da reunión celebrada hoxe pola Comisión de Participación Cidadá, denuncia os continuos ataques por parte do goberno de Feijóo e o sistemático deterioro do sistema sanitario público ourensá.
En primeiro lugar e en contraposición á situación actual, Fidalgo lembra que os tres anos e medio de goberno progresista na Xunta supuxeron a ampliación do Chou, a construción de centros de saúde como o de Entrimo, a Merca e Toén, a posta en marcha da unidade de hemodinámica, a renovación de ecógrafos e equipos tecnolóxicos, se deixou o Plan Director do CHOU listo para a licitación por fases, entre outras actuacións, e a redución case á metade das listas de espera quirúrxicas e de consultas.
Pola contra, o Partido Popular paralizou e desbotou o proxecto dun novo hospital psiquiátrico, pecha o Hospital de Piñor como hospital xeral de crónicos, o que supón incrementar a masificación habitual do CHOU (non é infrecuente atopar 30 ou 40 pacientes en camas en pasillos de urxencias ou fora das habitacións), paralizou a remodelación das habitacións anteriormente iniciada, pecha unhas 70 camas hospitalarias, e paralizou o Plan Director do CHOU, co que non só non incrementan camas senón que as reducen.
Ademais sinala que o PP falsea as listas de espera quirúrxicas, como aconteceu nas últimas publicadas case duplicando a lista B oculta, e incrementa as esperas e dificultades de citación para moitas consultas externas.
Os socialistas denuncian tamén que non hai ningún investimento novo e tardaron dous anos en poñer en marcha a sala de radioloxía vascular xa adquirida anteriormente, así como tampouco que hai prestacións novas nos hospitais do Barco ou de Verín.
O PSdeG pregunta por que non constrúen xa os centros de saúde que quedaron proxectados, e por que a Xunta leva dous anos retrasando a construción do centro de saúde do Vinteún.
Os socialistas denuncian a rescisión de contratos, por exemplo de cerca de 40 facultativos, e critican que co medicamentazo a Xunta queira aforrar recortándolle dereitos aos galegos, cando todos os españois teñen os mesmos dereitos en canto ao acceso de medicamentos.
En canto a Atención Primaria, os socialistas manifestan o seu compromiso co Plan de Mellora de Atención Primaria aprobado polo goberno de Touriño co consenso de todo o sector sanitario de Atención Primaria, plan que tamén foi paralizado polo goberno de Feijóo. Agora resulta chocante que vendan como alternativa ao peche de camas de Piñor a Hospitalización a Domicilio ou a Atención Primaria sen dotalos de máis recursos, e incluso despois de habelos recortado.
Os socialistas lamentan a falta de transparencia dos responsables sanitarios do PP na Comisión de Participación Cidadá, dado que a maioría das cuestións plantexadas na reunión celebrada hai un ano para ser explicadas por escrito, (sobre a actividade nos centros concertados, as listas de espera…etc.), quedaron sen contestar.
Ademais, os socialistas solicitan que se definan xa os órganos de participación contemplados na Lei de Saúde de 2008, e que se diferencie claramente e se defina a Comisión de Participación Cidadá (artigo 26) e o Consello de Saúde de Área (artigo 25), no que se inclúen tamén responsables da saúde pública e a participación das asociacións de pacientes que nós consideramos absolutamente imprescindible, polo que solicitan se constitúa o Consello de Saúde de Área.
Un saúdo, Gabinete de Comunicación do PSdeG-PSOE

Comunicado del PSdeG-PSO de Ourense tras reunión (22-2-2011) de la Comisión Participación Ciudadana de area sanitaria de Ourense

Comunicado del PSdeG-PSO de Ourense tras la reunión (22-2-2011) de la Comisión Participación Ciudadana de area sanitaria de Ourense

No hay comentarios: