martes, 10 de agosto de 2010

Algunos médicos literatos y poetas gallegos en el siglo XIX (y en el XXI)

En 1963,  Ramón Otero Pedrayo presentó un trabajo en el Primer Congreso Español de Historia de la Medicina, titulado "Algunos médicos literatos y poetas gallegos en el siglo XIX". Castor Elices, Juan Barcia Caballero, Manuel Leiras Pulpeiro, Pondal, José López de la Vega, Vicente Mª Feijóo Montenegro, José María Gil Rey, Alfredo Vicenti Rey, Jesús Rodríguez López, Valentín Lamas Carvajal.... fueron glosados y analizados por el "reiseñor de Trasalba" en aquel congreso de médicos e historiadores. 


En una revisión de dicho trabajo para el siglo XXI, pienso que el insigne Otero incluiría sin dudarlo al doctor Pablo Vaamonde en esa relación de médicos literatos gallegos. Hoy el médico de A Baña y de Labañou, el doctor Vaamonde, nos da noticias en www.GaliciaConfidencial.com  del primer libro de narrativa de otro médico coruñés, el doctor Ánxel Vázquez de la Cruz.

-------


Un escritor tardío

Ánxel Vázquez de la Cruz presentou na Coruña o seu primeiro libro de narrativa, Luz de tebra.


Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 09/08/2010

Trátase dun feixe de relatos situados en contornos xeográficos que forman parte da súa propia biografía: Tui -a súa infancia-, Santiago -os anos de Universidade- e A Coruña -onde desenvolveu a sua vida profesional durante moitos anos-. É, polo tanto, un libro autobiográfico, na medida que recolle historias de personaxes reais ou inspirados na realidade vivida polo autor, que son retratados nestas páxinas con grande habilidade narrativa e intensa proximidade afectiva. Se algúns dos tipos que aparecen nestas páxinas non tiveron vida propia ben merecerían a existencia, vendo o apego que amosa o autor ao relatar as súas peripecias. Quedan xa, de feito, como presenzas importantes na literatura galega, á beira das criaturas de Cunqueiro ou Fole.
Vázquez de la Cruz é médico de profesión. É unha persoa moi coñecida e apreciada na Coruña, onde foi director do Hospital Materno-Infantil durante moitos anos. Formado en Catalunya, acadou un gran prestixio profesional como pediatra e neonatólogo, á vez que se destacaba pola súa militancia na beira esquerda do mapa político. Foi sempre un excelente conversador, dotado de ampla cultura e dunha fina ironía que envolve o seu forte sentido do humor.
No exercicio da medicina está no bando dos que cren no valor curativo das palabras. Afirma que o primeiro deber dun bo médico é saber escoitar, con empatía e respecto, os males dos doentes. Esa escoita, en si mesma, xa ten valor terapéutico: é un dos fármacos máis potentes que podemos utilizar. Ese afecto pola palabra reflíctese no exercicio profesional, na conversa e tamén neste libro de relatos, que publica en galego porque quere, nestes tempos de dificultade, situarse á beira dos que o falan e valoran, entendendo que a infancia e a lingua son as nosas verdadeiras patrias.
Vázquez de la Cruz, a semellanza dun persoaxe do seu libro (O Negro, un fóra da lei que xa desde neno quería ser gánster, a quen chaman o Divinas Palabras pola súa habilidade para contar historias) tamén podería, noutra época, gañar a vida polas feiras, facendo uso do seu verbo engaiolante. Só por poñer unha obxección: Ánxel, por que tardaches tanto? Non era preciso agardar ata os 67 anos para publicar os teus escritos. Máis non é problema; tamén Saramago empezou pasados os sesenta e acadou o premio Nobel.
++++++++


Enlace  a temas de medicina y literatura: 


1 comentario:

David Simón dijo...

Un escritor novel de 67 años, éxito en la Feira de A Coruña.
Ánxel Vázquez de la Cruz: "Soy un médico de letras".
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/escritor/novel/67/anos/exito/Feira/Coruna/elpepuespgal/20100814elpgal_12/Tes
Uno de los éxitos de ventas en la más que concurrida Feira do Libro de A Coruña, y no por falta de novedades de relumbre, ha sido Luz de tebra, el primer libro de un autor novel de 67 años. Fue una de las obras más solicitadas para su firma, y una de las presentaciones que desbordó la carpa que acogía los actos literarios.

Uno de los éxitos de ventas en la más que concurrida Feira do Libro de A Coruña, y no por falta de novedades de relumbre, ha sido Luz de tebra, el primer libro de un autor novel de 67 años. Fue una de las obras más solicitadas para su firma, y una de las presentaciones que desbordó la carpa que acogía los actos literarios.

Bien es cierto que Ánxel Vázquez de la Cruz (Tui, 1942) es un médico de prestigio en la ciudad (fue director del Hospital Materno Infantil) y sobre todo, en los círculos intelectuales está considerado un excelente narrador oral, de la estirpe de Castelao, Fole o Cunqueiro. Como en esos clásicos del relato, "Luz de tebra nos va llevando, relato a relato, escalón a escalón, del frío al calor, de la intemperie a un horno comunal o a un furancho de los de loureiro en la entrada", dice en el prólogo Manuel Rivas. (SIGUE...)