domingo, 2 de mayo de 2010

Uns 16.800 pacientes esperan operación na lista 'oculta' do Sergas

Uns 16.800 pacientes esperan operación na lista 'oculta' do Sergas
(2 de Mayo de 2010. tomado de: http://www.xornal.com/ ) A Consellería deixa de contar os enfermos que non aceptan ir a un centro privado e tamén os que o fan, antes de ser intervidos A lista de espera cirúrxica non estrutural é aquela a que pasan os doentes que rexeitan ser intervidos nun centro privado co que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten un concerto ou ben que por condicións clínicas ou persoais tiveron que aprazar a súa operación. A demora dos enfermos que se atopan nesta situación non computa cando Sanidade presenta os datos dos hospitais públicos. A pesar de que a oposición preguntou en varias ocasións á Administración por esa información, dende o ano 2007 non se presentan estas cifras no Parlamento de Galicia. Porén, segundo denuncia o PSdeG esta lista oculta medrou un 10% entre xuño de 2009 e febreiro deste ano, polo que habería uns 16.800 pacientes agardando por unha intervención...[...] Ver más en http://www.xornal.com/artigo/2010/05/02/sociedad/mais-800-doentes-esperan-operacion-na-lista-oculta-sanidade/2010050200230000319.html