martes, 30 de marzo de 2010

O PSdeG acusa á Xunta de 'dinamitar' a sanidade pública

O PSdeG acusa á Xunta de 'dinamitar' a sanidade pública (30.03.2010)
http://www.anosaterra.org/nova/43593/o-psdeg-acusa-a-xunta-de-dinamitar-a-sanidade.html O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Anxo Fernández, acusou ó Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo de 'dinamitar' a sanidade pública, un dos 'alicerces' do sistema de benestar, e esixiulle 'un cambio de rumbo' na súa política sanitaria. "O PP oculta baixo unha falsa austeridade o maior ataque ao sistema sanitario galego", proclamou Fernández e exemplificou co "recorte" da partida reservada para política sanitaria nos orzamentos galegos de 2010, con 23 millóns de euros menos que no anterior exercicio.
Así, o socialista recordou que o PP empezou a lexislatura "sementando o campo de mentiras" ao falar de "buracos" do Goberno anterior "que non existían" para acometer, pouco despois, a primeira redución dos orzamentos de sanidade "da historia".Segundo detallou, con eses 23 millóns de euros sería posíbel contratar "máis de 400 médicos especialistas, 700 diplomados en enfermería e adquirir 30 resonancias magnéticas e 50 TAC última xeración".
Fernández denunciou que, mentres a Xunta "recortaba" as contas do sistema público sanitario, "incrementou" os orzamentos dedicados a convenios con centros concertados. Ademais, alertou de que "por primeira vez" desde hai cinco anos "empeoraron" as listas de espera de cirurxía e as consultas.